DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación Andrea número 7137.1 (AC/C/7137.1) derivada do permiso de investigación Andrea número 7137, nos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 42.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o Departamento Territorial da Coruña fai público que o 5.3.2026 o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, por delegación da conselleira de Economía e Industria (Orde do 4.11.2024, DOG núm. 217, do 11 de novembro),

RESOLVEU:

1. Outorgar a concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) «Andrea fracción 1ª» núm. 7137.1 para o recurso mineiro cuarzo industrial, por un período de trinta (30) anos a favor da sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), con NIF A15033665, sobre unha extensión de sesenta e seis (66) cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Frades, Mesía, Ordes e Oroso na provincia da Coruña, de conformidade co plano de demarcación do 26.1.2026 que obra no expediente.

2. Aprobar o proxecto «Proxecto refundido de explotación da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Andrea, nº 7137, situado en los termos municipais de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña)», asinado o 23.10.2023 polo enxeñeiro técnico de minas Jose Antonio Valencia González e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia o 23.10.2023, co núm. 2023-00102.

3. Aprobar o documento «Plan de Restauración refundido del proyecto de la C.E. derivada del permiso de investigación Andrea nº 7137 situado nos termos municipais de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña)», asinado o 23.10.2023 polo enxeñeiro técnico de minas José Antonio Valencia González e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia o 23.10.2023, co núm. 2024-00102, e o «Anexo ao Plan de restauración refundido do proxecto da C.E. derivada do permiso de investigación Andrea nº 7137 situado nos termos municipais de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña)», asinado o 1.12.2025 polo enxeñeiro técnico de minas José Antonio Valencia González.

A sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Ermisa), como titular da concesión de explotación Andrea fracción 1ª, núm. 7137.1, deberá cumprir coas seguintes obrigas:

1. Deberá darse cumprimento ás condicións impostas na declaración de impacto ambiental (DIA) do 16.10.2025 e publicada no DOG núm. 210, do 30 de outubro.

2. Dar cumprimento ao contido do Plan de vixilancia ambiental (PVA) asinado o 15.1.2026 polo enxeñeiro técnico de minas José Antonio Valencia González e validado polo Servizo de Seguimento e Oficina Técnica.

3. Para asegurar o cumprimento do disposto no plan de restauración e para responder do cumprimento das obrigacións de financiamento e viabilidade dos traballos, segundo o indicado no informe elaborado polos servizos técnicos deste departamento territorial, deberá constituír as seguintes garantías financeiras ou equivalente, por calquera das formas recollidas no artigo 32 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia:

a) Unha garantía fixa por un importe de cento setenta e dous mil novecentos oitenta e sete euros con corenta e seis céntimos (172.987,46), equivalente ao 4 % do orzamento de financiamento e viabilidade dos traballos.

b) Unha garantía variable por un importe de cento vinte e dous mil cento setenta e seis euros (122.176,00) que responda do cumprimento do Plan de Restauración ambiental.

4. O titular deberá iniciar os traballos de explotación no prazo dun ano, que se computará a partir do día seguinte ao notificación da resolución de outorgamento e comunicar ao Departamento Territorial a data do inicio dos traballos de explotación.

5. A vista da planificación da explotación por campañas anuais na época estival e para o mellor control polo órgano mineiro, Erimsa deberá comunicar o inicio dos traballos para cada campaña coa indicación das parcelas en que se vai actuar e a súa finalización.

En relación cos artigos 36 y 37 da antedita Lei 21/2013, nas consideracións legais e técnicas oitava, novena, décima e décimo primeira da resolución consta a seguinte información referente á información pública e as consultas ás administracións públicas afectadas:

Oitava. Segundo o establecido no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e nos artigos 36 e 37 da Lei 21/2013, do 11 de decembro, de avaliación ambiental, para a tramitación solicitáronse os preceptivos informes aos organismos seguintes:

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Augas de Galicia.

• Dirección Xeral Patrimonio Natural.

• Instituto de Estudos do Territorio.

• Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

• Dirección Xeral Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

• Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

• Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

• Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

• Concello de Frades l.

• Concello de Mesía.

• Concello de Ordes.

• Concello de Oroso.

• Sociedade Galega de Historia Natura.

• Federación Ecoloxista Galega.

Novena. Entre os dous trámites de consultas aos organismos recibíronse os seguintes informes:

Organismos consultados

Primeiro informe

Segundo informe

Concello de Mesía

29.7.2020

---

D.X. Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

9.4.2021

30.9.2025

Concello de Frades

4.2.2022

---

Augas de Galicia

15.2.2022

---

D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

22.7.2020

24.4.2024

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

28.7.2020

30.4.2024

Concello de Ordes

28.2.2022

5.6.2024

Instituto de Estudos do Territorio

30.7.2020

7.6.2024

D.X. de Planificación e Ordenación Forestal

29.10.2020

10.6.2024

Concello de Oroso

29.4.2021

12.6.2024

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

16.3.2023

18.11.2024

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

15.10.2020

19.3.2025

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

9.7.2021

18.9.2025

Sociedade Galega de Historia Natural

---

1.5.2024

Federación Ecoloxista Galega

---

---

Décima. A solicitude de concesión de explotación Andrea Fracción 1ª, núm. 7137.1, someteuse ao trámite de información pública segundo o establecido na lexislación vixente, constando no expediente a copia da publicación no DOG e a certificación de estar exposto ao público no taboleiro de anuncios dos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes.

No DOG número 99, do 23 de maio ,publícase o «Acordo do 22 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación e o estudo de impacto ambiental da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Andrea núm. 7137, de sesenta e seis (66) cuadrículas mineiras para recurso de cuarzo metalúrxico, sito nos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa)» e outórgaselles ás persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto un prazo de 30 días hábiles para formular as alegacións oportunas.

Conn datas do 25.5.2023 e 1.7.2024 envíanse edictos aos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso para que, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, expoñan ao público durante un prazo de trinta (30) días hábiles o proxecto de explotación e o estudo de impacto ambiental da solicitude de concesión de explotación derivada Andrea fracción 1ª, núm. 7137, de sesenta e seis (66) cuadrículas mineiras para recurso de cuarzo metalúrxico, promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Durante o período de información pública recibíronse 177 alegacións de persoas físicas e xurídicas referentes a diversas cuestións que, naquelas que teñen carácter ambiental, os correspondentes órganos competentes consultados xa tiveron en conta nos seus informes e cuxo contido se recolle na DIA.

Os informes e as alegacións recibidas foron remitidos á entidade Erimsa, que o 4.9.2024 presentou nove documentos nomeados «Contestación as alegacións do proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Andrea nº 7137, situada nos termos municipais de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña)».

Décima primeira. O 16.10.2025 (DOG núm. 210, do 30 de outubro), a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Andrea número 7137, nos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso (A Coruña), promovido por Erimsa (clave 2020/0022), en que conclúe que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o programa de vixilancia ambiental e o condicionado que figuran ao longo do dito documento, prevalecendo o disposto na DIA no caso de que exista contradición entre eles.

Tanto as medidas protectoras, os condicionantes e as consideracións indicadas nos informes dos organismos consultados, como as alegacións dos interesados e as respostas presentadas por Erimsa, tivéronse en conta na tramitación da declaración ambiental e foron incluídos na DIA, segundo consta nela.

Contra a dita resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a. Recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución.

b. Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

A Coruña, 22 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña