Expediente: IN407A 2022/183-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: Regulamentación LMTA. CRN708A (Valdoviño)-apoios AQBEN6CL//146 e AQA)0OJ8//147.
Concello: Valdoviño.
FEITOS:
1. O 18 de outubro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro) resolveuse conceder a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto para a instalación de distribución eléctrica mencionada.
2. No punto 3. «Características técnicas» das consideracións legais e técnicas da devandita resolución detectáronse erros materiais en canto á descrición da instalación de distribución de enerxía eléctrica aprobada.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS:
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
- Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
- Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
- Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
- Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
- Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
- Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
- Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
De acordo ao establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas que indica «as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos»,
RESOLVO
Rectificar a dita resolución de xeito que no apartado «3. Características técnicas», onde di:
«– Os actuais apoios nº 143 e nº 145 serán substituídos (o apoio que se situará na localización do 145 redenomínase 144), respectando a súa actual localización, polos apoios metálicos tipo AL-AM-C-1000/16-H35-CA (CS)III e FL-C-3000/16-H35-CAIII, respectivamente. No novo apoio nº 144 proxéctase a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas.
(...)
– O actual apoio nº 149 será substituído, respectando a súa actual localización, polo apoio metálico tipo AL AM-C-1000/14-H35-CA (CS)III».
Debe figurar:
«– Os actuais apoios nº 143 e nº 145 serán substituídos (o apoio para situar na localización do 145 redenomínase 144), polos apoios metálicos tipo AL-AM-C-1000/16-H35-CA (CS)III e FL-C-3000/16-H35-CAIII e serán situados nas novas localizacións indicadas no proxecto. No novo apoio nº 144 proxéctase a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) con xogo de pararraios autoválvulas.
(...)
– O actual apoio nº 149 será substituído polo apoio metálico tipo AL-AM-C-1000/14-H35-CA (CS)III e irá situado na nova localización definida no proxecto».
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 4 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
