DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29411

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación subgrupos A1 ou A2.

Convocada pola Resolución do 3 de marzo de 2026 (DOG nº 57, do 26 de marzo), a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polo sistema de libre designación, a Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, convocada pola Resolución do 3 de marzo de 2026 (DOG nº 57, do 26 de marzo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres (3) días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete (7) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 18 de maio de 2026

Román Gómez Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Contratación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Nome e apelidos: Martín Carbia Blanco.

DNI: ***8963**.