De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos erros mediante a Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que se deberá realizar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 8 de maio de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código |
PPL2501-C06-015-PPL-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento |
A0015 Análise Matemática |
|
Departamento |
D00C06 Matemáticas |
|
Centro de traballo |
106 Escola Superior de Enxeñaría Informática |
|
DNI |
***1794** |
|
Nome e apelidos |
Manuel Pájaro Diéguez |
|
Código |
PPL2501-X05-187-PPL-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento |
A0187 Didáctica da Expresión Corporal |
|
Departamento |
D00X05 Didácticas Especiais |
|
Centro de traballo |
202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte |
|
DNI |
***5997** |
|
Nome e apelidos |
Roberto Silva Piñeiro |
|
Código |
PPL2501-X10-675-PPL-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento |
A0675 Xornalismo |
|
Departamento |
D00X10 Psicoloxía Evolutiva e Comunicación |
|
Centro de traballo |
204 Facultade de Comunicación |
|
DNI |
***8042** |
|
Nome e apelidos |
Beatriz Martínez Rodríguez |
|
Código |
PPL2501-X11-775-PPL-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a permanente laboral |
|
Área de coñecemento |
A0775 Socioloxía |
|
Departamento |
D00X11 Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía |
|
Centro de traballo |
105 Facultade de Educación e Traballo Social |
|
DNI |
***7254** |
|
Nome e apelidos |
Iria Vázquez Silva |
