DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29320

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 2 de xaneiro de 2026 (BOE do 12 de xaneiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 8 de mayo de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

TU2501-T04-555-TU-TC-01

Corpo

Profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento

A0555 Enxeñería Química

Departamento

D00T04 Enxeñaría Química

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***9521**

Nome e apelidos

José Manuel Salgado Seara