A crise enerxética global derivada do conflito en Oriente Medio está a xerar un impacto significativo en Galicia, tanto no tecido produtivo como nos fogares, especialmente a través do encarecemento dos custos enerxéticos e das disrupcións nas cadeas de subministración.
O Consello da Xunta aprobou o día 30 de marzo un plan anticrise, cun total de 20 liñas de actuación, por 157 millóns de euros fronte aos efectos da guerra en Oriente Próximo. Este plan inclúe 19,4 millóns para o sector agrario.
Algúns dos obxectivos que se perseguen son paliar o impacto de custos enerxéticos, reforzar as cadeas de subministración, realizar investimentos de eficiencia e protexer os fogares ante a inflación enerxética. O Goberno galego xustifica estas medidas con base nas reivindicacións dos sectores afectados con que se reuniu nos últimos días.
No referente ao sector agrario recibirá 8,6 millóns para acelerar a modernización dos equipamentos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxéticamente, aumentando o rendemento ambiental do sector agrario, así como en investimentos en máquinas de baixo consumo con tecnoloxía 4.0 para agricultura de precisión e cunha menor emisión de gases de efecto invernadoiro.
O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.
Conforme o citado regulamento (UE) nº 2021/2115, o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, foi aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión C(2022) 6017 final do 31 de agosto de 2022, e modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C(2025) 8557 final, do 12 de decembro de 2025.
No devandito plan establécense normas en materia de financiamento dos gastos da PAC e sobre os sistemas de xestión e control que han de establecer os Estados membros e inclúe as intervencións que se aplicarán no 2023-2027 para dar resposta ás necesidades do campo español e así alcanzar os obxectivos da PAC e a ambición do Pacto verde europeo.
Entre estas intervencións atópase a 68411 de axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais, que ten como obxectivos específicos contribuír a adaptación ao cambio climático e a súa mitigación, entre outras cousas reducindo as emisión de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable, é promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais como a auga, o solo e o aire.
A nivel estatal, coa finalidade de realizar unha correcta implantación e xestión das intervencións incluídas no PEPAC de España para o período 2023-2027 publicouse unha serie de normas que teñen o seu vértice na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, que inclúe as penalizacións e sancións ás persoas beneficiarias.
O Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 establece normas relacionadas coa política agrícola común.
Tamén cabe citar o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, no cal se establecen disposicións sobre os controis que se deben de levar a cabo para o conxunto de intervencións respecto das solicitudes de axuda e as solicitudes de pagamento.
Así como o Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027, no cal se establecen os supostos de aplicación de penalizacións.
A autoridade de xestión emitiu informe favorable sobre esta orde, no que respecta ao cumprimento do establecido no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
CAPÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas a acelerar a modernización dos equipamentos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxéticamente, aumentando o rendemento ambiental do sector agrario en Galicia e convocalas para o ano 2026 en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro da Intervención 68411 «Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais», subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións, do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC).
Esta intervención contribúe aos obxectivos específicos OE4 «Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, entre outras cousas reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable», e/ou ao OE5 «Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente dos recursos naturais tales como a auga, o solo e o aire».
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Artigo 2. Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A solicitude de axuda será formalizada a través da aplicación informática MELLES á que pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas pre-senta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Artigo 3. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a pre-sentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 4. Tramitación e resolución das axudas
1. O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario instruirá os expedientes, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.
Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos do-cumentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexia-do aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.
3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimen-tarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo de catro meses contados desde o día seguinte a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.
Artigo 5. Notificacións
1. As notificacións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 6. Publicación dos actos
Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.
Artigo 7. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Estas modificacións requirirán a autorización desta consellería que deberá ser solicitada, como máximo, seis meses antes de que remate o prazo de execución. A solicitude destes cambios será anterior á súa execución e, nos casos en que sexa necesario, irá precedida da correspondente certificación de non inicio ou da acta notarial que acrediten fidedignamente o non inicio. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos e/ou gastos autorizados deberán ter data posterior á dita solicitude ou, se for o caso, á certificación de non inicio ou da acta notarial.
Estes cambios deberán ser autorizados pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da con-sellería.
O prazo para resolver estes cambios será de dous meses. Se, transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se produce, a persoa beneficiaria entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento e/ou gasto.
Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circuns-tancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.
3. Non se autorizarán modificacións da resolución de concesión da axuda que supoñan a modificación do obxecto ou finalidade do investimento para o que foi concedida. Tam-pouco se autorizará a modificación das condicións tidas en conta para fixar os criterios de prioridade establecidos na resolución de concesión.
4. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e o aprobado, a axuda recalcularase segundo corresponda á re-dución do investimento.
5. Os cambios das características técnicas non terán a consideración de modificación a efectos do punto primeiro deste artigo. Estes serán validados na certificación, logo de comprobación de elixibilidade e de moderación de custos.
6. A consellería poderá rectificar, de oficio, a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.
Artigo 8. Recursos fronte ás resolucións de subvención
As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Artigo 9. Incompatibilidade das axudas
1. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que, co mesmo fin, concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibili-dade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.
2. No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regu-lamento (UE) nº 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicable a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) nº 2021/2115.
Artigo 10. Incumprimentos, penalizacións e reintegros
1. Procederá o reintegro total do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, ou a parte proporcional que corresponda de acordo ao plan de controis, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.
2. Non se aplicará ningunha penalización, nin exclusión, nin se exixirá o reintegro da axuda nos seguintes casos:
a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais previstas no artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013; no artigo 4 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, e no artigo 5 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
b) Cando o incumprimento se deba a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade e este erro non puidese ser razoablemente detectado pola persoa afectada.
c) Cando a persoa interesada poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente conforme os datos ou documentos achegados que non é responsable do incumprimento.
d) Cando o incumprimento se deba a erros manifestos recoñecidos pola autoridade competente, segundo o disposto no artigo 115.2 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro.
e) Outros casos en que a imposición dunha penalización non sexa adecuada, segundo o disposto no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.
3. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, serán de aplicación as penalizacións previstas no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro. Os incumprimentos dos cri-terios/requisitos de admisibilidade e compromisos ou outras obrigacións que se produzan con relación ás axudas reguladas na presente orde darán lugar á aplicación de distintas penalizacións en función do tipo de incumprimento de que se trate, atendendo á súa gravidade, alcance, persistencia, reiteración e intencionalidade, tal e como establece o artigo 4 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.
Artigo 11. Obriga de facilitar información
As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lle sexa requirida polo órgano competente da Consellería do Medio Rural, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 123 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.
Artigo 12. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 13. Medidas antifraude
A aceptación da axuda implica a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito do Feader.
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da canle de denuncias da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias
Artigo 14. Publicidade das axudas
As persoas beneficiarias destas intervencións deberán dar a coñecer a axuda consonte as regras indicadas no anexo III.
De conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, infórmase ás persoas interesadas da publicación dos datos que lles concirnen na lista de operacións seleccionadas para recibir axuda do Feader segundo o previsto no artigo 49 do Regulamento 2021/1060 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión.
Artigo 15. Comezo da subvencionabilidade
So serán elixibles os investimentos que se realicen con posterioridade a data de presen-tación da solicitude, coa excepción dos gastos dos estudos.
Artigo 16. Criterios de selección
1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indica-dos neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.
2. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
|
Criterio |
Puntuación |
|
Explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultora, en caso das persoas xurídicas, as persoas mozas incorporadas deben ter a consideración de xefe da explotación |
Ten unha axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos |
|
Nivel de dedicación á actividade agraria |
• Dedicación unicamente á actividade agraria: 10 puntos. • Compaxinar a actividade agraria con outra actividade: 8 puntos. • Compaxinar a actividade agraria con dúas actividades: 6 puntos. • Compaxinar a actividade agraria con tres actividades: 4 puntos. • Compaxinar a actividade agraria con catro ou máis actividades: 0 puntos. No caso dunha persoa moza agricultora, este criterio valorarase tendo en conta o plan empresarial |
|
Explotación vinculada ao establecemento de persoas novas agricultoras, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan persoas novas agricultoras |
Ten unha axuda concedida na últimas cinco convocatorias pola intervención 6961.2: 10 puntos |
|
Explotación ecolóxica rexistrada como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia |
4 puntos |
|
Explotación agraria rexistrada na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia |
3 puntos |
|
Localización da explotación nunha zona de montaña |
3 puntos |
|
Explotación de titularidade compartida, inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia |
3 puntos |
|
Titular de explotación muller, en caso das persoas xurídicas, que polo menos a metade dos seus socios sexan mulleres |
3 puntos |
|
Explotacións cunha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM/ha segundo o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou explotación agrícola especializada en produción vexetal |
2 puntos |
|
Explotación localizada nunha zona distinta á de montaña |
2 puntos |
|
Explotación con seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente contratado, agás a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación |
2 puntos |
|
Investimentos para realizar nunha explotación procedente do Banco de Explotacións, do artigo 15 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia |
1 punto |
|
Explotación membro dunha organización de produtores inscrita como tal no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia |
1 punto |
3. O limiar mínimo para ser subvencionable será de 10 puntos, cun mínimo de dous cri-terios.
4. Establécese como criterio de desempate a igualdade de puntos, a puntuación obtida en cada un dos criterios, na orde en que están definidos. De persistir o empate, em-pregarase o criterio de zona rural tomando como referencia LAU2, priorizando as zonas de baixa densidade (zona 3 – zona 2 e, por último, a zona 1). Se aínda persiste o empate, ordenaranse por rigorosa orde de presentación.
Artigo 17. Moderación de custos
A todos os custos subvencionables aplicaráselles un proceso de moderación de custos, tendo en conta o artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, mediante a comparación de tres ofertas diferentes.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, consi-derarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Artigo 18. Prazo de xustificación e ampliación
1. O prazo de execución e xustificación destas axudas remata o 31 de xullo de 2027.
2. Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións sub-vencionadas ao longo de diferentes anualidades, establécense os seguintes prazos límite en función de cando se finalice a execución da actuación subvencionada:
a) Para as actuacións finalizadas antes do 15 de novembro de 2026, o prazo límite para solicitar e xustificar o pagamento finaliza o 1 de decembro de 2026.
b) Para as actuacións finalizadas desde o 16 de novembro e no ano 2027, o prazo límite para solicitar e xustificar o pagamento finaliza o 31 de xullo de 2027.
3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda a metade deste, se as circunstancias o aconsellan e isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse cunha anterioridade de polo menos 1 mes antes de que acabe o prazo de execución.
4. Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán produ-cirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.
5. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Artigo 19. Xustificantes do gasto dos investimentos
1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real de-creto 1619/2012, do 30 de novembro).
2. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Número e, se é o caso, serie.
b) A data da súa expedición.
c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto da persoa obrigada a expedir factura como do destinatario das operacións.
d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co cal realizase a operación da persoa obrigada a expedir a factura.
e) Domicilio, tanto da persoa obrigada a expedir factura como da destinataria das operacións.
f) Descrición das operacións, con consignación de todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.
g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.
h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta deberá consignarse por separado.
i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.
j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.
k) Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura. O IVE non será subvencionable.
l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.
m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.
3. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación da fac-tura, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento; non se admitirán pagamentos en metálico.
Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:
a) Xustificante bancario do pagamento por parte da persoa beneficiaria (transferencia bancaria, ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da beneficiaria que paga e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.
b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.
c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.
d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e xuntarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.
e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.
f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.
g) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por parte de terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.
CAPÍTULO II
Convocatoria
Artigo 20. Convocatoria
Convócanse para o exercicio orzamentario 2026, en réxime de concorrencia competitiva, e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:
a) MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
Artigo 21. Prazo de presentación das solicitudes de axuda
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día se-guinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.
As persoas solicitantes deberán ter en conta que mentres non adquiran a condición de beneficiarias, coa aprobación da axuda, non poderán transferir a solicitude a outra persoa física ou xurídica aínda no suposto de que esta cumpra os requisitos e asuma os compromisos. Exceptúase o cambio de personalidade xurídica cando esta non implique ningún cambio na participación ou composición da persoa solicitante.
Artigo 22. Requisitos das persoas beneficiarias
1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais (procedementos MR405D) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser unha persoa agricultora moza que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e ao ambiente.
b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como a manter os investimentos cofinanciados durante cinco anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou tres anos no caso de mantemento de investimentos por pemes.
f) A solicitude ten que ser técnica e economicamente viable.
g) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de dez días desde a súa notificación.
h) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitu-de os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.
i) As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha contabilidade específica Feader.
Artigo 23. Investimentos elixibles
1. Serán investimentos elixibles os relacionados a seguir, con carácter limitativo:
a) Máquinas relacionadas coa xestión eficiente de estercos e xurros. A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns non se considera elixible.
b) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de fertilizantes.
c) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de produtos fitosanitarios.
d) Maquinaria agrícola que optimice a xestión de recursos:
a. Carro mesturador con análise NIR da ración.
b. Tractor con clasificación enerxética A.
c. Robot.
e) Compoñente de agricultura de precisión para a adaptación de equipamentos na explotación:
a. Kit de adaptación ISOBUS.
b. Sensor NIR.
c. Sistema de adaptación de máquinas para traballo variable.
d. Sistema de autoguiado.
f) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
2. Non serán subvencionables:
a) A simple reposición ou adquisición de segunda man.
b) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.
c) Os xuros de débeda e os seus gastos.
d) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.
e) Os gastos de procedementos xudiciais.
f) Os gastos dos investimentos prestados por persoas, entidades ou empresas vinculadas coa persoa beneficiaria.
g) A maquinaria relacionada coa transformación e comercialización de produtos agrarios.
h) A maquinaria de carácter forestal.
Artigo 24. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se for o caso).
b) Anexo II Comprobación de datos de terceiras persoas (se for o caso).
c) Memoria técnico-económica que especifique a natureza dos investimentos e como estes contribuirán aos obxectivos específicos.
d) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
e) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens incluídos na oferta.
b. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
c. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír a súa marca e modelo.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
No caso de maquinaria que inclúa «extras», detallaranse e valoraranse por separado.
Poderán ser menos de tres no caso de que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.
A escolla entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
f) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros:
a. As persoas físicas e xurídicas que, consonte a normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de Administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderá ser substituída pola documentación prevista na letra seguinte.
b. As persoas xurídicas que, consonte a normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:
i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
ii. No caso de que non sexa posible emitir o certificado o que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.
Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solici-tarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose reali-zada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 25. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in-cluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, e de ser o caso, das persoas socias.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) NIF da entidade solicitante, e de ser o caso, das persoas socias.
e) Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante, e de ser o caso, das persoas socias.
f) Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante, e de ser o caso, das persoas socias e das persoas redactoras do proxecto.
g) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.
h) Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante, e de ser o caso, das persoas socias.
i) Informe de vida laboral nos últimos cinco anos da persoa solicitante, e de ser o caso, das persoas socias.
j) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.
k) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa soli-citante.
l) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.
m) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
n) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas da persoa solicitante.
o) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I), ou no anexo II, se for o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 26. Porcentaxe e contía máxima da axuda
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotación de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.
No caso de investimentos en explotación intensiva, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
2. O investimento mínimo elixible establécese en 12.500 euros.
3. A contía máxima da axuda establécese en 100.000 euros.
Artigo 27. Xustificación e pagamento da axuda
1. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, se for o caso, os compromisos adquiridos, presentarase a solicitude de pagamento, formalizada a través da aplicación informática MELLES, á que se pode acceder mediante a seguinte lingazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa», achegando as facturas e os xustificantes de pagamento.
2. A maquinaria agrícola que lle é de aplicación o Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola, deberá estar inscrita no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
3. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas rurais, dos servizos territoriais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 euros de investimento.
4. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. De non ser así, poderase iniciar o procedemento de perda do dereito ao pagamento da axuda.
Artigo 28. Anticipo
1. As persoas beneficiarias destas axudas cuxos investimentos lles exixan pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 50 % da axuda aprobada sen que se supere a anualidade prevista no exercicio orzamentario.
2. O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a notificación da concesión da axuda. A solicitude de anticipo, será cuberta a través da aplicación informática MELLES á que pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede, realizada a través do Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación xustificativa».
3. A persoa beneficiaria deberá presentar coa solicitude de anticipo a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.
4. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.
5. As garantías deberán constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autó-noma de Galicia ou nas súas sucursais, e o órgano en cuxo favor se constituirá será a Consellería do Medio Rural.
A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberán alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación.
6. Deberá achegarse xunto coa solicitude de anticipo o xustificante da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.
7. Unha vez executadas as operacións relacionadas cos anticipos, as persoas beneficiarias comunicarán, antes do 31 de decembro, unha declaración dos gastos que xustifique o uso do anticipo, xunto cos xustificantes de gasto e de pagamento.
8. As garantías cancelaranse por acordo do órgano concedente segundo o indicado no artigo 71 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 29. Financiamento das axudas
1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas nun 60 % con fondos Feader, nun 12 % pola Administración xeral do Estado e nun 28 % pola Xunta de Galicia, efectuarase con cargo a seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, 15.04.712B 772.0 (2024 00094), para o ano 2026, 5.700.000 euros, e para o ano 2027, 2.900.000 euros. En total 8.600.000 euros.
2. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.
Disposición adicional primeira. Normativa aplicable
Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na seguinte normativa:
– Plan estratéxico da PAC 20232027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolve-mento Rural.
– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico da política agrícola común e outras axudas da política agrícola común.
– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a apli-cación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-cións públicas.
– Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.
– Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475, do 6 de setembro de 2022, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.
– Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.
– Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.
Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Disposición adicional terceira. Protección de datos
De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-cións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á pro-tección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Disposición adicional cuarta. Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia
Habilítase o sistema de xestión de explotacións agrarias de Galicia-Xeaga para actua-lizar os elementos da explotación.
As persoas titulares da explotación poden acceder a esta ferramenta mediante o se-guinte enlace https://xeaga.xunta.gal/xeaga/ e proceder á actualizar os elementos da súa explotación antes de presentar a solicitude destas axudas.
Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa
Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en gandaría, agricultura e in-dustrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a exe-cución da presente orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural



























