DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29557

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2026 para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. En sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2026, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 25 de marzo de 2026 na quenda de acceso libre:

• Anular as preguntas 22, 37, 38, 45, 58, 84, 93, 134, 145 e 159. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas números 171, 172, 173, 174, 175 , 176, 177 e 178.

• Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 99, sendo correcta a alternativa c).

• Desestímanse as restantes reclamacións presentadas ao dito exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 25 puntos.

Así pois e de conformidade co disposto na citada base, por Resolución deste tribunal do 13 de marzo de 2026, deuse publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, que establecen que superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Asignarase a valoración de 25 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames en sesión do 27 de abril de 2026 de acordo cos criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 4 aspirantes, fixándose en 113,5 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria, acordándose publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, a programación obxecto do segundo exercicio da fase de oposición deberá ser entregada ao tribunal polo persoal aspirante que supere o primeiro exercicio, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións do primeiro exercicio, e defenderase ante este no momento en que se convoque o persoal aspirante para tal efecto. O persoal aspirante empregará para a defensa unha copia da programación entregada ao tribunal.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade de inglés marítimo e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de catro (4) unidades didácticas.

Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido no parágrafo anterior. Non se poderán excluír en ningún caso as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos publicados no DOG no momento da publicación da convocatoria do proceso selectivo que fai referencia esta resolución ou, de ser o caso, os aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas aspirantes declaradas aptas deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio, na sala D situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela, o día 9 de xuño, entre as 15.00 e as 15.30 horas, programación que se recollerá na dita sala polo tribunal. Consonte ao disposto na base II.1.2.10 da convocatoria, con anterioridade á realización da proba, o tribunal publicará os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, que non estean expresamente establecidos nas bases da convocatoria.

Sexto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o Conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Álvaro Baaliña Insua
Presidente do tribunal