De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación ditado no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas do dito acto administrativo.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente, e advírteselles que, de non o facer, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter acompañado os documentos preceptivos, se considerarán desistidas da súa solicitude, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 10 de abril de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente administrativo: 2014/AN/36/00049.
Persoas interesadas: 35308626S e 36112797Z.
Acto administrativo: requirimento de documentación.
Data do acto administrativo: 18.4.2024.
