De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación da apertura do trámite de audiencia ditado no procedemento no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente, e advírteselle que, de non o facer, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
A persoa interesada poderá comparecer, persoal ou debidamente representada, no Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (rúa Concepción Arenal, nº 8-1°), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
De non facer alegacións, no prazo de dez (10) días hábiles a partir do seguinte á recepción desta notificación, de conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, terase por efectuado o dito trámite.
Vigo, 22 de abril de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente administrativo: 2025/97-36.
Persoa interesada: 80268986.
Acto administrativo: apertura do trámite de audiencia.
Data do acto administrativo: 20 de xaneiro de 2026.
