De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas e que se indican no anexo, para notificarlles os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.
O expediente atópase á disposición das ditas persoas interesadas ou da persoa que as represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que o acto de resolución poderá ser recorrido ante o xulgado de primeira instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terán dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que estime procedente.
Lugo, 22 de abril de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Nº do expediente: 2026/17/27.
Persoa interesada: Hayate Yamani, Abdellah.
Acto administrativo que se notifica:
– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 27 de febreiro de 2026.
– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 2 de marzo de 2026.
