DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2026/033-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Regulamentación da LMTA ALB804 no tramo entre os apoios núm. 103 e núm. 109.

Situación: lugar de Santo Tomé de Serantes, concello de Leiro.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución, na LMTA ALB804, dos apoios núm. 104, núm. 106, núm. 107 e núm. 108 por 4 novos apoios de celosía metálica, dos tipos C-18/1000, C-18/2000, C-18/1000 e C-18/1000 respectivamente. Eliminación do apoio núm. 105. Substitución do condutor existente entre o apoio núm. 103 e o novo apoio núm. 108 por 668 m de novo condutor LA-56.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1.534 do ICOIIG, o 7.5.2025.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1-3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 28 de abril de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2026/033-3.

Situación: lugar de Santo Tomé de Serantes, concello de Leiro.

Denominación: Regulamentación da LMTA ALB804 no tramo entre os apoios núm. 103 e núm. 109.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32041A052010000000KI.

Lugar: Chavín.

Cultivo: prado.

Titular: CMVMC de Serantes.

Afeccións: ocupación de 8 m² para os apoios núm. 104, núm. 106, núm. 107 e núm. 108.