DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/118-1, no concello de Cambre.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA SMC729, substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42, no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/118-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 6 de maio de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/118-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA SMC729, substitución dos apoios AK42K2UT//41 e AK6TLAFF//42.

Concello: Cambre.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

1

Pazos de Abaixo

15017A025001770000MA

Familia Echevarría

3.7.2026

10.45

2

Pazo, 2

001200700NH59D0001JR

Familia Echevarría

3.7.2026

10.50