DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 21 de maio de 2026 Páx. 29617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública a modificación número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro.

Asunto: Modificación puntual nº 2 do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque empresarial de Touro.

Concello: Touro (A Coruña).

Promotor: Concello de Touro.

En cumprimento do establecido no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a aprobación inicial da modificación puntual segunda do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque empresarial de Touro.

Antecedentes:

Primeiro. O proxecto sectorial foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 9.6.2011. Mediante Resolución do 10.6.2011 do IGVS fíxose pública a devandita aprobación (DOG núm. 133, do 12.7.2011).

Segundo. O proxecto sectorial sufriu unha modificación puntual (Modificación puntual núm. 1) que foi aprobada por Acordo do Consello da Xunta de Galicia o 26.6.2014 (publicada no DOG núm. 145, do 1.8.2014). Esta modificación foi consecuencia da necesidade de modificar certos aspectos do proxecto técnico e do proxecto construtivo para un mellor axuste ao terreo e aos condicionantes externos, en concreto, para axustar vías, crear unha rotonda, dispor de parcelas de equipamento en localizacións máis adecuadas á súa finalidade, modificar as vías interiores para aumentar a superficie da zona verde computable e obter parcelas de bordes máis ortogonais.

Terceiro. O Concello de Touro, coa conformidade de Explotaciones Gallegas, S.L. como xestora do parque, insta a realizar unha segunda modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Cuarto. Mediante Resolución do 11 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase someter a información pública a modificación número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro. O que se fai público, de conformidade co artigo artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial

Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren. As alegacións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administración públicas, conforme o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial