De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José Mariño Dieste o acordo emitido polo instrutor do procedemento de referencia o 22 de abril de 2026, de posta de manifesto do expediente e concesión de trámite de audiencia, por non ser posible a notificación no domicilio.
Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O acordo emítese unha vez se dea por finalizada a instrución do procedemento, ao abeiro do establecido no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e con carácter previo a emitir a proposta de resolución, para os efectos de que nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación se poidan presentar alegacións e achegar os documentos e as xustificacións que se consideren pertinentes.
Se antes do vencemento do prazo a persoa interesada manifesta a decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións, darase por realizado o trámite.
Contra o presente acordo non cabe ningún recurso, ben que a oposición a el poderá alegala a persoa interesada para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento.
O expediente completo para o seu exame atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor
