DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de maio de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do Programa do bono de alugueiro social.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 6 de maio de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
José Manuel Valeriano Rosales Escudero
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

VI482F1500913

***4177**

Renuncia

VI482F1501415

***2207**

Resolución de declaración da perda do dereito á axuda

VI482F1501350

***2831**

Resolución de declaración da perda do dereito á axuda

VI482F1501045

***8026**

Resolución de declaración da perda do dereito á axuda

VI482F1501158

***2313**

Resolución de concesión dunha prórroga

VI482F1501233

***4695**

Resolución de concesión dunha prórroga

VI482F1501435

***9788**

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda

VI482F1501517

***1508**

Resolución de inadmisión