DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 6 de maio de 2026 polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso seguido no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (PO 107/2026) en relación coas bases reguladoras das axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N), publicadas mediante a Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro).

Polo Decreto do 27 de abril de 2026, do Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 1 de Santiago de Compostela, solicítase o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 107/2026, en relación coas bases reguladoras das axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N), publicadas mediante a Resolución do 27 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro).

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no dito procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica