DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29822

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 3 de decembro de 2025, e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2026, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 5 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de decembro de 2025 (DOG núm. 237, do 9 de decembro) e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2025 (DOG núm. 251, do 30 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar os días 25 e 26 de maio de 2026, en chamamento único dos respectivos días, ás 15.30 horas, na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

O día 25 de maio terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Alonso Fernández, Rocío.

– Caamaño Carreño, Pablo.

O día 26 de maio terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Iglesias Pereira, Brandán.

– López Calvo, Patricia.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica poderán utilizar o material que consideren oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaian utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.), sen prexuízo da posibilidade da utilización alternativa do material que a ese respecto lles facilitará o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se lle entregará ao tribunal ao final da exposición.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2026

Manuel Romero Gómez
Presidente do tribunal