DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29821

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de abril de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidades de vixilancia de estradas e de mobilidade.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do 16 de abril de 2026 e, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 23232, no anexo I, onde di: «Tema 5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV, V (unicamente capítulos III e IV) e VIII», debe dicir: «Tema 5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV, V, VI (unicamente capítulos III e IV) e VIII».

Na páxina 23235, no punto C3. Bloque III, onde di: «Regulamento 561/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de marzo de 2006», debe dicir: «Regulamento 561/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de marzo de 2006».