O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2026 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2026
|
Título convenio |
Obxecto do convenio |
Importe achegado |
Data da |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Verín para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Verín para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
21.1.2026 |
|
Addenda I ao acordo nº 28, da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo vello e do barrio da Banda do río Lameira, no concello de Marín, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Modificar os acordos primeiro, segundo, terceiro e os anexos do acordo nº 28, da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo vello e do barrio da Banda do río Lameira, no concello de Marín, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Sen achega |
10.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Santa Comba para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Santa Comba para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
18.2.2026 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Banco Sabadell, S.A. para a concesión de avais ao abeiro do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000 € |
11.3.2026 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca para a concesión de avais ao abeiro do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000 € |
11.3.2026 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega para a concesión de avais ao abeiro do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000 € |
11.3.2026 |
|
Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Unicaja Banco, S.A. para a concesión de avais ao abeiro do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade financeira para o desenvolvemento do Programa de avais para a adquisición de vivenda. |
5.000.000 € |
11.3.2026 |
|
Addenda III ao acordo nº 33 ,da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: San Roque, núcleo vello de Vigo, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, Grupo Fenosa, A Salqueira, Gorxal e descontinua de Alcalde Lavadores-Canicouva-escolas públicas. |
Modificar os acordos primeiro, segundo, terceiro e anexos do acordo nº 33, da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no concello de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Sen achega |
17.3.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Sanxenxo para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción da vivenda protexida de nova construción. |
Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción da vivenda protexida de nova construción da seguinte actuación: adquisición de solo para a promoción de inmobles de nova construción para a cualificación de vivendas. |
3.500.000 € |
28.4.2026 |
