DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29817

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2026 pola que se notifican as resolucións do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas a actualizacións da asignación e denegación de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da reserva nacional da campaña de 2024.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade procedentes da reserva nacional da campaña de 2024, no marco establecido polo Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 20 a 29 do Real decreto 1045/2022, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 28.1 de devandito Real decreto 1045/2022, a persoa titular da Presidencia do FEGA comunicoulle ao Fogga, para a notificación ás persoas solicitantes, as resolucións relativas a actualizacións da asignación e denegación de solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da reserva nacional.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/sites/default/files/resol20260512_RN24_aprodene.pdf) as resolucións da persoa titular da Presidencia do FEGA relativas a actualizacións da asignación e denegación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña de 2024.

Segundo. Contra as resolucións da persoa titular da presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria