O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.
O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2026 e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o primeiro cuadrimestre do ano 2026
|
Convenios |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega de Augas de Galicia |
Aplicación orzamentaria (no caso de subvencións) |
|
Sétima addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol. |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio. |
2.1.2026 |
Sen custo |
|
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Meaño para a mellora da rede de saneamento no lugar de Abuín. Meaño (Pontevedra). |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Meaño que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación de «Mellora da rede de saneamento de Abuín. Concello de Meaño (Pontevedra)», a súa explotación e a súa conservación e mantemento. |
15.1.2026 |
70.000 € |
2026.06.82.542B.76000 |
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Lama para a execución das obras de reparación da presa da piscina fluvial do Verdugo. Concello da Lama (Pontevedra). |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o concello que lle permitan á entidade local acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación das obras de reparación da presa da piscina fluvial do Verdugo no concello da Lama, a súa conservación e mantemento. |
8.4.2026 |
91.089,15 € |
2026.06.82.542B.76000 |
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Burela para a execución da actuación de mellora do sistema de saneamento de Burela. Nova EDAR de Burela (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Burela que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do sistema de saneamento de Burela. Nova EDAR de Burela (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento. |
24.4.2026 |
8.281.142,83 € |
|
|
Oitava addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do concello de Ferrol. |
Ampliar o prazo de vixencia do convenio. |
30.4.2026 |
Sen custo |
|
|
Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Guarda para realizar actuacións urxentes na estación depuradora de augas residuais da Guarda (Pontevedra). |
Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Guarda que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras para a realización da actuación de substitución da ponte decantadora na EDAR da Guarda, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento. |
30.4.2026 |
80.000 € |
2026.06.82.542B.76000 |
