DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 22 de maio de 2026 Páx. 29716

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 12 de maio de 2026 pola que se autoriza a baixa da Escola de Música Municipal de Ribas de Sil (Lugo) no Rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola Orde do 18 de abril de 2000, publicada no DOG do 15 de maio, autorízase a inclusión da Escola de Música Municipal de Ribas de Sil no Rexistro de escolas de música e danza, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos inicia o expediente de baixa no Rexistro da Escola de Música Municipal de Ribas de Sil, por non estar en funcionamento desde o curso 2022/23.

Conforme o Decreto 138/2024, do 20 de maio, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, correspóndenlle as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Baixa no Rexistro

Autorizar a baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Municipal de Ribas de Sil, código do centro 27020549.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional