DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de maio de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do eixe de mobilidade sostible, treito: estación intermodal-San Caetano, no concello de Santiago de Compostela (clave AC/22/088.06).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela, treito: estación intermodal-San Caetano, de clave AC/22/088.06, no concello de Santiago de Compostela.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 8 de maio de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/22/088.06

46

15079A026000880000GW

José García Ferrín

AC/22/088.06

47

15079A026000820000GJ

Rosario e Miguel Couselo Sarabia

AC/22/088.06

52

15079A026000570000GA

José Rivas López

AC/22/088.06

55

15079A026000590000GY

Eligio Carollo Saravia

AC/22/088.06

56

15079A026000600000GA

Manuel López Saravia

AC/22/088.06

57

15079A026000610000GB

María López Saravia

AC/22/088.06

63

15079A034000860000GD

Manuel de la Torre Domínguez

AC/22/088.06

65

15079A034000840000GK

Manuel Iglesias Quintela

AC/22/088.06

68

15079A034000810000GF

Descoñecido

AC/22/088.06

70

15079A034000790000GM

Dolores Sarabia Domínguez

AC/22/088.06

74

15079A034000760000GL

José Domínguez Domínguez

AC/22/088.06

80

15079A034000690000GY

Carmen Lamas Lamas