DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de maio de 2026 de notificación de trámite de audiencia no expediente 2026/T-00174.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o trámite de audiencia ditado no expediente 2026/T-00174, aos herdeiros de Aurora Arijón Canedo.

De conformidade co disposto no artigo 27 da Lei galega 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei estatal 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar os seus dereitos e intereses como titulares catastrais do citado inmoble, concédeselles un prazo de quince días hábiles para que poidan formular alegacións, producíndose a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística