DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30015

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 9 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración e addendas subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre de 2025 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro), dáse publicidade dunha addenda pendente de publicar subscrita no terceiro cuadrimestre de 2025 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026

Convenio

Data da sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020

10.2.2026

62.000,00 €

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), para a promoción, captación e retención de talento e o impulso da marca Galicia como activo para a I+D+i

27.2.2026

1.840.020,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a excelencia do sector biotecnolóxico a través da competitividade, a innovación e a transferencia no tecido empresarial galego do sector no período 2026-2027

9.3.2026

250.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Clúster Saúde de Galicia para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e a transferencia no tecido empresarial galego do sector saúde no período 2026-2027

10.3.2026

250.000,00 €

ANEXO II

Addenda pendente de publicar subscrita no terceiro cuadrimestre de 2025

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación Bioga-Agrupación Industrial Tecnolóxica Empresarial das Ciencias da Vida para a implementación dun plan de actividades para impulsar a competitividade, a innovación e a transferencia no tecido empresarial galego do sector biotecnolóxico no período 2024-2025

4.9.2025

Sen achega económica