De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,
RESOLVO:
Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se xunta a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026
Juan Carlos Reboredo Nogueira
Director do Instituto Galego de Estatística
ANEXO
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
|
Convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia estatística. |
5.1.2026 |
0 € |
