DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30018

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2026, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 15 de maio de 2026

María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para
o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2026

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio entre AESAN O.A. e o Intecmar polo que se instrumenta unha encomenda de xestión para a colaboración no marco das actividades do Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas.

30.070,76 €

30.3.2026