DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-PR212A/2025/02641 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ter sido posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución dos expedientes relacionados atópase á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

A Coruña, 7 de maio de 2026

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-PR212A/2025/02641

44826258V

X7735022F

AC-PR212A/2026/00300

72147797V

72350867C

AC-PR212A/2026/00586

32973430D

28936581M

AC-PR212A/2026/00588

47401367T

45846776W