De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, teráselles por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
A Coruña, 7 de maio de 2026
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212B/2026/01064 (AC-2019/00165) |
54126563L |
