De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ter sido posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados atópanse a disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
A Coruña, 7 de maio de 2026
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212B/2026/00851 (AC-2013/00052) |
32947502W |
|
AC-PR212B/2026/01024 (AC-2013/00144) |
32948765T |
|
AC-PR212E/2026/00597 (AC-2020/00247) |
32806427D |
|
AC-PR212E/2025/03504 (AC-2019/00524) |
49684819N |
|
AC-PR212E/2026/00483 (AC-2017/00583) |
Y1294160X |
|
AC-PR212E/2026/00287 (AC-2023/00470) |
S717428 |
