DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 7 de maio de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-PR212E/2026/00853 (AC-2011/00325) e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 7 de maio de 2026

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-PR212E/2026/00853 (AC-2011/00325)

A00599434

AC-PR212B/2026/00389 (AC-2021/00040)

32715677V

AC-PR212E/2026/01296 (AC-2018/00223)

79316788T

AC-PR212E/2026/01044 (AC-2023/00097)

2300648140

AC-PR212E/2026/01409 (AC-2025/02437)

GB547923

AC-PR212E/2026/01410 (AC-2025/00407)

AZ263651