De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o acordo polo que se prorroga a vixencia do informe de impacto ambiental, do 3 de febreiro de 2022, da ampliación da EDAR dos Praceres, no concello de Pontevedra, promovido por Augas de Galicia.
Este acordo poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Por abstención (Resolución do 25.4.2025)
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
