Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios na LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 7 de maio de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/550-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución dos apoios na LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.
Concello: Pontevedra.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
36900A270000950000LD |
Descoñecido |
2026/54/126 |
|
2 |
36900A270000960000LX |
Descoñecido |
2026/54/127 |
|
3 |
36900A269004430000LW |
Descoñecido |
2026/54/128 |
