Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do CT Carballal 15CU83 para a instalación dun telecontrol, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/281-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 8 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/281-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución do CT Carballal 15CU83 para a instalación dun telecontrol.
Concello: Valdoviño.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titulares |
Data de ocupación |
|
1 |
Avda. San Sadurniño, 2 |
9695102NJ6299N0001KJ |
Fidelina López Romeo, Tamara e Andrés Sanesteban López |
25.5.2026 |
