DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30199

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público ordinaria para o ano 2026.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión que tivo lugar o día 23 de abril de 2026, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2026, comprensiva das seguintes prazas:

Persoal funcionario

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Quenda

1

Técnico/a da Administración xeral (TAX)

A1

Administración xeral

Libre

1

Conserxe de edificios públicos

AP

Administración xeral

Libre

Persoal laboral

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Quenda

1

Limpador/a edificios municipais

AP

Administración especial

Libre

1

Xefe/a de equipo de vías e obras

C2

Administración especial

Promoción interna

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo os interesados de que contra o dito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se notificase a resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que se poderá entender desestimado por silencio administrativo.

O Rosal, 28 de abril de 2026

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa