DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 25 de maio de 2026 Páx. 30200

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 24 de abril de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes ofertadas na oferta de emprego público 2020-2021-2022, de técnico/a da Administración xeral, enmarcadas no grupo A de titulación, subgrupo A1, escala Administración xeral, subescala técnica, por quenda libre, de:

P. Velasco López, con DNI ***2172**.

N. Pérez Lorenzo, con DNI ***3764**.

As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non o faceren, procederase a declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.

A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 28 de abril de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal