A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza número 2 da Sección Contencioso-Administrativa do Tribunal de Instancia de Ourense, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 111/2026, en relación co concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024 (DOG núm. 94, do 15 de maio).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
