Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio da persoas titulares que figuran no anexo son informados da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA56, situada no concello de Bande.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 11 de maio de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2025/64-3.
Instalación: cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA56.
Concello: Bande.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data dos depósitos previos: 6 de maio de 2026.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
Val Bande |
32007B501001320000GL |
José Manuel Garrido |
|
4 |
Xanxau |
32007B501000460000GX |
Descoñecido/a |
|
5 |
Bouzoas |
32007A100011120000IZ |
Descoñecido/a |
|
6 |
Moa Grande |
32007A100012150000IY |
Descoñecido/a |
|
7 |
Carballo |
32007A100011760000IZ |
Descoñecido/a |
|
8 |
Gordoliño |
32007A100011490000IB |
Descoñecido/a |
|
9 |
Carreira |
32007A099001380000XA |
Descoñecido/a |
|
14 |
Carballa |
32007A096003180000XO |
José González |
|
15 |
Fonte |
32007A096003480000XF |
Julio Pérez Domínguez |
|
18 |
Eiroa |
32007A096004070000XP |
Descoñecido/a |
|
19 |
Ponte Nova |
32007A095007840000XQ |
Descoñecido/a |
|
20 |
Froxa |
32007A095001950000XE |
Descoñecido/a |
|
22 |
Veiga |
32007A095001470000XT |
Descoñecido/a |
|
24 |
Carballo |
32007A100011780000IH |
Descoñecido/a |
