DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de reforma interior API Q18 parque de Oza, no concello da Coruña (expediente 2026AAE3066).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 12 de maio de 2026 sobre o Plan especial de reforma interior API Q18 parque de Oza, no concello da Coruña.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE306).

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade