DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/253-4).

O 1.7.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a avaliación de impacto ambiental simplificada, a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTA ATI727, CTI Porto de Eiras.

O 5.1.2026, este departamento territorial ditou unha resolución pola que se concederon as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/253-4).

O 9.4.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración, en concreto, de utilidade pública para a instalación LMTA ATI727, CTI Porto de Eiras (expediente IN407A 2024/253-4) debido a problemas de permisos con algunhas parcelas.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA ATI727, CTI Porto de Eiras.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas:

• Instalación de tres apoios de celosía: un C-2000/14 (no cal se instalará un reconectador), un C-1000/12 (no cal se instalará uns XS) e un C-2000/12 (apoio fin de liña no cal se instalará o centro de transformación).

• Instalación dun centro de transformación de intemperie de 160 kVA, que se situará no apoio proxectado de celosía, tipo C-2000/12, na parcela con referencia catastral 36039A037012040000DO.

• Para conectar o centro de transformación á liña de media tensión aérea (LMTA) ATI7270615, proxéctase a instalación dunha LMTA de 93 metros de lonxitude.

• A instalación está situada no lugar de Porto de Eiras, na parroquia de Chenlo, no concello do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de abril de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2024/253-4.

Denominación: LMTA ATI727, CTI Porto de Eiras.

Concello: O Porriño.

Núm.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afectacións

Pleno dominio

Servidume

Apoio

núm.

m2

ml aér.

ml

sub.

m2

aér

m2 sub.

1

Portodeira

Rústico

36039A037012130000DJ

Consuelo Guisande Alonso

-

-

-

10,88

-

2

Portodeira

Rústico

36039A037012110000DX

María Iglesias Roris

1

1,44

20,46

-

98,61

-

3

Portodeira

Rústico

36039A037012100000DD

María Iglesias Roris

-

-

21,58

-

266,07

-

4

Portodeira

Rústico

36039A037012120000DI

Descoñecido/a

-

-

-

-

103,76

-

5

Outeiro

Rústico

36039A037014980000DX

Rosa Romero Iglesias

-

-

10,38

-

160,87

-

6

A Mouteira

Rústico

36039A037012090000DI

Carmen Iglesias Roris

2

1,21

17,09

-

273,42

-

7

A Mouteira

Rústico

36039A037012060000DR

Carmen Iglesias Roris

-

-

22,16

-

291,84

-

8

A Mouteira

Rústico

36039A037012050000DK

Anita Fernández Rodríguez

-

-

-

-

5,48

-

9

A Mouteira

Rústico

36039A037012040000DO

Carmen Romero Roris

3+CT

1,21

1,31

4,0

68,98

9,21

10

A Mouteira

Rústico

36039A037012030000DM

Anita Fernández Rodríguez

-

-

-

-

2,16

-