Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, CTC Aldea.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 3×(1×240) mm² KAL + H16 Al, de 1.078 metros de lonxitude, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado, con orixe e final na LMTS RED7121112 situada no camiño da Espiga enfronte ao número 13.
Centro de transformación compacto 2L1P, manobra exterior de 250 kVA, telexestionado, con envolvente prefabricada de formigón, con relación 15.000/400 V, situado nas parcelas con referencias catastrais 0909908NG3801S0001DO e 0909907NG3801S0001RO, no camiño da Pereiriña, no lugar de Cedeira.
A instalación está situada no lugar da Aldea, parroquia de Cedeira (Santo André), no concello de Redondela (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 30 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/047-4.
Denominación: LMTS, CTC Aldea.
Concello: Redondela.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afectacións |
|
|
Pleno dominio |
Ocupación |
|||||
|
CT (m2) |
||||||
|
1 |
Cm. do Monterraso. Cedeira. Redondela |
Urbano. Solo sen edificar |
0909908NG3801S0001DO |
Liria Solla Castiñeira |
11,6 |
136,03 |
|
2 |
Cm. da Pereiriña. Cedeira. Redondela |
Urbano. Solo sen edificar |
0909907NG3801S0001RO |
Liria Solla Castiñeira |
14,35 |
153,25 |
