Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Instalación de telecontrol na LMT CBD808 no apoio proxectado F4RGRRHD.
Situación: Meis.
Descricións técnicas:
Substitución do apoio F4RGRRHD, situado na parcela con referencia catastral 36028A221360460000XX, por un apoio tipo celosía C-2000/14 en amarre con cruceta H-35.
Retensado de 144 metros da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD808 de 144 metros entre o apoio F4NE6UGE, situado na parcela con referencia catastral 36028A221324950000XW, e o apoio proxectado.
LMTA a 20 kV, con condutor tipo LA 56, de 188 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado e final no apoio existente F514558L, situado na parcela con referencia catastral 36028A225000010001ML.
A instalación está situada no lugar de Cruz, no concello de Meis (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 30 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/037-4.
Denominación: Instalación de telecontrol na LMT CBD808 no apoio proxectado F4RGRRHD.
Concello: Meis.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Ocupación temporal (m2) |
||||||
|
Apoio |
|||||||
|
Nº |
m2 |
||||||
|
1 |
Cruz. Meis |
Rústico. Agrario |
36028A221360460000XX |
Venancio Outeda Villanueva |
1 |
2,0 |
363 |
