DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2026/035-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT A Fonte.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), de 992 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta existente fronte ao centro seccionamento Museo do Mar Alcabre (36CGW3), facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto manobra exterior 2L+1P telecontrolado de 250 kVA, con relación 15.000/400 V, alimentado pola liña de media tensión BAL730 procedente da subestación Balaídos e situado na parcela con referencia catastral 54057A077001960000AH.

A instalación está situada no lugar da Fonte, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.

Pontevedra, 30 de abril de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2026/035-4.

Denominación: LMT, CT A Fonte.

Concello: Vigo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Ocupación temporal

(m2)

CT (m2)

1

Camiño Fontes, Alcabre. Vigo

Rústico. Agrario. Labor

54057A077001960000AH

Horacio Gómez Araujo

20,99

292