Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS, CT Camiño da Mina.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas:
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor RHZ1-2OL 12/20 3×(1×240) mm2 kAL+H16 Al de 919 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación rúa Figueiras 186 (36CBWC) e final no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación rural fin de liña, manobra exterior, de 160 kVA telexestionado, en envolvente prefabricada de formigón, con relación 15.000/400 V, situado no camiño da Mina, na parcela con referencia catastral 8758342NG2785N0001JG, no cruzamento de camiños entre o camiño da Mina e a rúa da Rinxela.
• A instalación está situada no camiño da Mina, no concello de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, anteriormente citado.
Pontevedra, 30 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/014-4.
Denominación: LMTS, CT Camiño da Mina.
Concello: Vigo.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Cm. Mina-Cabral 14A. Vigo |
Urbano |
8758342NG2785N0001JG |
Ramón Fernández Vilar |
20,01 |
3 |
9,68 |
