BDNS (Identif.): 905337.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/905337
Primeiro. Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Segundo. Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 7 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e procédese á súa convocatoria para o ano 2026 (https://cgac.xunta.gal/).
Cuarto. Contía
Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 18 de setembro de 2026.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
