DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30565

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2026 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral fixo de remuda dentro do convenio colectivo.

Praza: 1 (unha) asistente de dirección.

Tipo de contrato: contrato fixo de remuda.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición das persoas interesadas na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros núm. 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 27 de abril de 2026

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria
de Vilagarcía de Arousa e a súa ría