DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30564

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2026.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2026 por esta fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

20.2.2026

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado do máster universitario en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades

2.3.2026

0,00 €

Convenio entre Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Goethe Institut Madrid

3.3.2026

Non definido

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundació Bancaria Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona, La Caixa, para a instalación da exposición Voces do Pacífico: innovación e tradición, do British Museum no Museo Centro Gaiás de Cidade da Cultura de Galicia

9.3.2026

0,00 €

Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición temporal Botamos un baile?, no concello de Guitiriz

9.3.2026

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a itinerancia da exposición Outras Historias Posibles

17.3.2026

0,00 €

Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición temporal Botamos un baile?, no concello de Sanxenxo

28.4.2026

0,00 €

Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición temporal Botamos un baile?, no concello de Viveiro

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación
Cidade da Cultura de Galicia