DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de director/a – profesor/a de baile da Escola Municipal de Folklore (III) da oferta de emprego de 2025.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 76, do 24 de abril de 2026, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 683/2026, do 20 de abril, relativas á seguinte convocatoria:

• 1 praza de director/a-profesor/a de baile da Escola Municipal de Folklore, persoal laboral, grupo III, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.

Betanzos, 4 de maio de 2026

María Barral Varela
Alcaldesa