DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 26 de maio de 2026 Páx. 30561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2026 (expediente 2026/E003/000001).

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 416/2026, do 29 de abril, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Cee para o ano 2026, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario. Escala da Administración xeral:

• Grupo: A, subgrupo: A2, vacantes: 1; denominación: técnico/a de xestión da biblioteca; quenda libre: concurso-oposición; clasificación: Administración xeral/xestión.

• Grupo: C, subgrupo: C2, vacantes: 1; denominación: auxiliar administrativo/a notificador/a; quenda libre: concurso-oposición; clasificación: Administración xeral/auxiliar.

• Grupo: C, subgrupo: C1, vacantes: 1; denominación: administrativo/a xefe/a do negociado de secretaría xeral e contratación; quenda: promoción interna; clasificación: Administración xeral/administrativa.

Cee, 29 de abril de 2026

Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa