En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro).
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2026
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2026
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e SPI Galicia, FCC, Seaga, Xesgalicia, Galicia Calidade, Retegal, CSAG e Sogama, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
15.1.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación do marco galego de Competencias Dixitais COMDIX no ámbito do persoal empregado público no ano 2026 |
4.2.2026 |
102.190,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación en materia de administración electrónica e de seguridade e protección de datos no ano 2026 |
4.2.2026 |
133.776,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, para a realización de actividades de formación en lingua galega |
5.2.2026 |
574.431,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
23.4.2026 |
Sen achega económica |
